Lanzan a última beta do Democracy Player
mércores, 6 de xuño do 2007
A afluencia de vÃdeos na Rede nace tanto de
servizos de publicación (YouTube, Google Video...) coma de plataformas P2P, existindo distintos formatos para os vÃdeos, e dunha certa dificultade para o seu seguimento, polo que crearon un reprodutor multimedia chamado a xuntar todos elementos: Democracy.
AsÃ, a xente que ten dificultades para reproducir os máis habituais formatos de vÃdeo (Quicktime, WMV, MPEG, AVI, Xvid e mesmo clips en Flash), os que seguen programas de televisión que se difunden a través da Internet (videoblogs ou outras descargas de vÃdeo que se poidan seguir mediante fluxos RSS), os que queiran descargar clips de YouTube, Google VÃdeo, Revver, DailyMotion e outros servizos de vÃdeo, que queiran ver vÃdeos en alta definición a pantalla completa e que gusten das descargas mediante tecnoloxÃa BitTorrent poden satisfacer tódalas súas demandas nunha única aplicación que vén de estrear a súa última versión de proba, polo que o Democracy Player presenta a súa última entrega, pois nas vindeiras semanas transformarase nunha versión
definitiva que se chamará Miro Player e que será unha das ferramentas mellor valoradas polos amantes do vÃdeo a través da Internet.
O actual reprodutor está dispoñible para Mac OS X, Linux e Windows, e dende a súa interface permite a consulta de moitas fontes de vÃdeos ás que se pode un subscribir de xeito que permitan unha especie de televisión á carta para o usuario, podendo automatizarse incluso a vixencia dos vÃdeos (que se descargarÃan automaticamente e mesmo se borrarÃan ó pasar o tempo indicado).
A cantidade de contidos é abraiante, podéndose acceder a resumos de
informativos de varias canles norteamericanas, fragmentos de programas de televisión, multitude de videoblogs, trailers de estreas cinematográficas, vÃdeos musicais... que se poden reproducir a pantalla completa, sen ter que
complicarse con formatos ou outras aplicacións informáticas. Unha auténtica
televisión á carta baseada en servizos legais e de balde, aÃnda que coa mágoa de que a meirande parte dos vÃdeos estean en inglés.
