Lenovo deixará de usar a marca IBM nos seus equipos
luns, 5 de novembro do 2007
A división de equipos informáticos para usuarios
finais de IBM leva varios anos sendo responsabilidade de Lenovo, fabricante
chinés que adquiriu tal departamento do xigante azul para levar a fabricación
de equipos tan populares coma os portátiles ThinkPad (para o que pagaran 1.250
millóns de dólares en 2005), pero, unha vez asentada a súa marca, coidan que se
poderán desprender en breve da marca de IBM como apoio da súa imaxe.
O máximo responsable de Lenovo, Bill Amelio, sostén que están a fornecer a situación
da súa empresa ata o punto de que decidiron efectuar a
transición da gama de produtos Think de IBM á marca Lenovo «2 anos antes do planeado».
Lenovo vén de anunciar os resultados dos seu segundo trimestre fiscal, no que
amosou un incremento de ingresos dun 20% achegándose ós 4.400 millóns de dólares
ó ano. Estes datos deberÃan apoiar a idea de que Lenovo mantén a calidade
dos produtos ó mesmo nivel que IBM.
