Lenovo non acudirá ao Mobile World Congress
martes, 25 de xaneiro do 2022
Tras o anuncio de que Sony non
estarÃa presente fisicamente no Mobile World Congress de Barcelona, que
comezará o 28 de febreiro, chega agora outro grande fabricante, Lenovo, e tamén
advirte de que, ante a evolución actual da COVID-19 optan por
participar na vindeira edición do Mobile World Congress de xeito totalmente
virtual.
AÃnda que en Europa os móbiles de Lenovo non están moi presentes coa súa marca,
cómpre lembrar que a marca Motorola é da súa propiedade, polo que si é un
fabricante bastante recoñecido, conservando aÃnda moita forzan en varios
mercados latino americanos.
Parece bastante probable que nas vindeiras semanas a meirande parte das grandes
compañÃas realicen comunicados semellantes, de xeito que o Mobile World
Congress non chegará a cancelarse presencialmente, pero as presentacións de
peso terán lugar en eventos en liña, dun xeito semellante ao que aconteceu hai
poucas semanas co CES de Las Vegas, que tivo un grande impacto mediático pese a
que a meirande parte das grandes compañÃas non estiveron presentes fisicamente.
