Liberan a primeira versión de proba da versión móbil do Firefox para Windows Mobile
mércores, 11 de febreiro do 2009

- A versión pre-alpha de Fennec está preparada para funcionar nun HTC Touch Pro
Fennec, o proxecto que está a
desenvolver a versión móbil do navegador web Firefox, liberou a súa primeira
versión pre-alpha para Windows Mobile (descargable
nun instalador CAB), que polo momento é compatible con terminal HTC
Touch Pro (aÃnda que é probable que opere sen problemas con outros dispositivos
que conten cunha resolución gráfica suficiente).
Esta versión do navegador permite que os usuarios máis adiantados poidan
achegarse á súa interface e poidan detectar fallos asà como facer comentarios
construtivos sobre o mesmo, para axudar a depurar o produto final para o que
aÃnda non hai unha data marcada (aÃnda que é de agardar un goteo de versións de
proba nos vindeiros meses). O programa está preparado para funcionar cunha
resolución de pantalla de 640 x 480 e teclado, de aà que se pense directamente
no HTC
Touch Pro para probalo, pois poucos son os teléfonos intelixentes con Windows Mobile que combinan tales prestacións
(aÃnda que existen algúns coma o XPERIA
X1 ou Toshiba
Portégé G910, que incluso contan con pantallas de maior resolución,
nos que tamén poderÃa funcionar esta versión inmatura de Fennec).
En versións posteriores de Fennec buscarán opcións alternativas para introducir
os enderezos das webs a visitar (¿funcionará con resolucións máis reducidas?),
pero os usuarios de smartphones con teclado
fÃsico poden botar asà un ollo a un navegador que poderÃa ter moito éxito no
futuro.
