Libra permite xestionar coleccións de libros, discos, pelÃculas e videoxogos
venres, 7 de marzo do 2008

- Libra presenta as nosas coleccións dun xeito moi elegante
Os usuarios de Mac OS X hai tempo que gozan dun impresionante
organizador de libros, discos compacos, pelÃculas e videoxogos chamado Delicious Library, que pese a ser
de pago goza de moita sona tanto polo seu atractivo gráfico coma pola súa
prestación estrela: a lectura de códigos de barras mediante a webcam integrada
no ordenador. Deste xeito, os usuarios poden evitar introducir as fichas
detalladas dos elementos das súas coleccións, xa que con pasalos por diantoe do
seu equipo xa se achegaba tal información da Internet.
Agora, estas funcionalidades chegan ó PC grazas a unha aplicación de balde e
compatible tanto con Windows XP coma con Vista. AÃnda que Libra está en versión beta, e clona as funcións do programa antes mencionado, ou sexa, que
ten unha aparencia moi elegante (emulando unha estanterÃa coas nosas coleccións)
e tamén permite empregar unha webcam para ler códigos de barras.
Ó tratarse dunha aplicación de código aberto, tamén se abre a posibilidade de
que os códigos de barras sirvan para consultar distintos repositorios de
contidos, e non se limiten ós poucos que hai actualmente (que son aptos para
usuarios norteamericanos, pero que resultan deficientes en España).
Estas aplicacións tamén serven
para xestionar os préstamos a amigos, imprimir catálogos ou exportalos para
a súa publicación na Internet.
