Lowi mellora a cobertura da súa fibra, pero sube os prezos

xoves, 21 de decembro do 2017 Marcus Fernández

O operador de baixo custo de Vodafone, Lowi, está a incrementar a competencia no ámbito da fibra óptica doméstica con ofertas como a súa conexión doméstica sen liña telefónica nin custos de instalación por 30 euros/mes ou o agasallo de 6 meses de HBO sen custo adicional para os seus clientes, o que nun principio resulta moi positivo, especialmente se atendemos ao feito de que veñan de ampliar a súa cobertura, chegando a 19,5 millóns de fogares.
Até o momento Lowi tiña unha cobertura de fibra óptica inferior á de Vodafone, xa que estaba fóra do acordo de Vodafone con Movistar (co que o operador británico usa a rede de Movistar alí a onde non chega a súa propia), pero agora xa non é así, de xeito que practicamente calquera vivenda con cobertura de fibra óptica pode gozar dos agresivos prezos de Lowi, aínda que por desgraza a competencia vai suavizarse, xa que a partires do 15 de xaneiro as liñas de 50 Mbps simétricos de Lowi pasarán a custar 33 euros/mes (mantendo o prezo actual os que o contraten antes de tal data). As liñas de fibra de Lowi tamén poderán combinarse con liñas móbiles con chamadas ilimitadas e bonos de datos de 4, 5 e 8 GB a 40, 42 e 45 euros/mes respectivamente.

PUBLICIDADE