Luz Darriba e José Lemur propoñen no MUPEGA unha viaxe multimedia pola educación libre
xoves, 10 de abril do 2008
O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago vai albergar a partir deste venres unha serie de actividades vinculadas ó emprego das novas tecnoloxÃas. A proposta, que tamén constitúe unha reflexión mesma sobre os puntos nos que se toca a creación artÃstica e a innovación tecnolóxica, vén da man da artista uruguaia (e galega de adopción) Luz Darriba e enmárcase dentro dunha iniciativa aÃnda máis ampla do MUPEGA, chamada Maestras, unha biografÃa repleta de soles.
A achega de Darriba ten dúas faces complementarias: por unha banda contribúe cunha instalanción chamada LibroLibre (que consiste nun libro multimedia de 16 páxinas coma unha viaxe no tempo pola educación das mulleres) e, pola outra, con LibroVivo (unha performance que se apoia e se nutre nas novas tecnoloxÃas non só para o desenvolvemento audiovisual da obra, senón tamén para o diálogo entre a performer e unha serie de imaxes animadas).
Para a vertente narrativa e sonora de LibroLibre, que se inaugura o venres 11 ás 17 horas, contarase coa achega do artista José Lemur (na imaxe, nun autorretrato).
Polo que respecta a LibroVivo, desenvolverase o mesmo dÃa, de xeito paralelo á apertura da dita instalación.
