Madrid acolle un encontro sobre a publicidade interactiva

mércores, 14 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Hoxe comeza en Madrid o primeiro festival internacional de publicidade interactiva de España, Inspirational Station, organizado polo Interactive Advertising Bureau (IAB Spain), asociación que aglutina á meirande parte das empresas relacionadas coa publicidade na Internet (así como axencias de medios, axencias creativas e redes publicitarias).
O encontro contou coa presenza do secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros, na súa inauguración, e completa unha axenda moi completa de conferencias impartidas por profesionais coma Nils Müler, Nicke Bergstrom, Javier Rodríguez Zapatero, Marc Bresseel, Jose Antonio Martínez Soler, Jaap Favier e Brendan C. Condón.
O festival conta con 7 categorías a galardoar: campaña creativa máis eficaz, acción de comunicación máis innovadora na Internet, innovación máis aló da Rede, proxecto interactivo emerxente, mellor campaña no mix de medios, mellor anunciante español e premio Inspirational do público.