Más de 150 persoas participan nos XXVII Grupos de Traballo de RedIRIS

luns, 27 de abril do 2009 Raquel Noya

A facultade de Dereito da Universidade de Málaga vai acoller, os vindeiros días 28 e 29 de abril, os XXVII Grupos de Traballo de RedIRIS (GGTT), unha rede académica e de investigación española que nesta edición dará cita a máis de 150 responsables de servizos informáticos e de redes procedentes das diferentes universidades e centros de investigación integrados en RedIiris.
O principal obxectivo destas xornadas é que os asistentes intercambien información e experiencias, polo que, durante os dous días nos que se levará a cabo o encontro, realizaranse sesións paralelas con relatorios sobre distintas temáticas, tales como conectividade, seguridade, servizos de identidade, certificación, servizos multimedia…
Ademais das sesións formativas tradicionais, os devanditos grupos de traballo levarán a cabo distintas sesións de discusión para fomentar a participación activa e o debate entre os participantes, e ao igual que veu sucendendo en edicións anteriores, paralelamente a este evento, terá lugar a reunión de RedIRIS cos responsables das Redes Académicas e de Investigación Autonómicas.
Os GGTT de RedIRIS celébranse dúas veces ao ano en distintas cidades, en colaboración con diferentes institucións afiliadas. Este sistema permite coñecer mellor a realidade dos diferentes organismos, e mellorar o contacto dentro da comunidade RedIRIS, fomentando tamén a colaboración conxunta das diferentes institucións afiliadas.