MásMóvil estrea tarifa plana de voz por 9,90 euros/mes
xoves, 14 de setembro do 2017
Cando parecÃa que as tarifas móbiles só de voz eran cousa do
pasado, varias compañÃas comezan a competir en tarifas planas de chamadas sen
datos, de xeito que agora podemos ver como MásMóvil ofrece chamadas
nacionais ilimitadas a fixos e móbiles (agás para números de tarificación
especial e numeración curta ou no caso de abusos como empregar a liña a xeito
de vixÃa-bebés) por 9,90 euros/mes.
Esta tarifa carece de limitacións de minutos e destinos, para tranquilidade dos
seus usuarios. Os usuarios que queiran gozar de acceso á Rede con esta tarifa
terán que pagar os bloques de 100 MB a 1,5 euros, cun máximo de 6 bloques, de
xeito que tras superar os 9 euros de recarga a velocidade baixará a 16 Kbps.
O máis curioso desta oferta é que ten como un dos seus principais competidores
a tarifa
de FreedomPop que por 8,99 euros/mes ofrece chamadas ilimitadas e 2 GB de datos,
funcionando este operador a través da rede de MásMóvil.
