Media Markt abre mañá as súas portas en Marineda City
mércores, 4 de xuño do 2014
Tal e
como adiantamos a semana pasada, a cadea de tendas de
electrónica de consumo Media Markt vai retornar á cidade da Coruña, celebrando
a súa reapertura no centro comercial Marineda City mañá mesmo, ás 9:00 horas,
permanecendo aberto ata ás 22:00 horas, para facilitar que os consumidores
poidan achegarse para beneficiarse das ofertas especiais que prepararon para a
ocasión entre as que destaca a prórroga da promoción Tu Jugada del Mundial, a través da que premiarán aos clientes que acerten
os equipos que chegarán á final do Mundial de Fútbol de Brasil coa devolución
do importe dos produtos acollidos a esta promoción que se compren entre os días
5 e 7 de xuño. Grazas a esta reapertura Media Markt volve ter 5 centros na nosa
comunidade autónoma.
- Álvaro Jiménez, xerente do establecemento, agarda que máis de 30.000 persoas se acheguen á nova tenda nos 2 primeiros días
O novo establecemento é un chisco máis cativo que o Dolce Vita, quedando a súa
superficie en 2.200 m2, nos que ofrecerán máis de 50.000 referencias
de produtos das primeiras marcas de electrónica de consumo, contando co cadro
de persoal íntegro da súa anterior ubicación, que chegará reforzado durante
estes días para poder atender á apertura da nova tenda, polo que contarán con
máis de 60 traballadores.
O xerente de Media Markt A Coruña, Álvaro Jiménez Alonso, aseguran que dende o
novo establecemento coruñés esperan recibir a máis de 30.000 persoas durante os
dous primeiros días de apertura ao público.