MediaFire estrea aplicación para Apple TV
mércores, 23 de marzo do 2016
Os
servizos de almacenamento na nube poden
empregarse de múltiples xeitos, e aÃnda que hai quen os ve como unha
simple plataforma para copias de seguridade, hai quen prefire empregalos como
almacéns de contidos multimedia aos que poder acceder dende distintos dispositivos,
e para reforzar este uso MediaFire
vén de estrear aplicación para Apple TV, de xeito que os usuarios do
dispositivo de Apple que transforma os televisores ordinarios en Smart TV poden
agora visualizar en pantalla grande os seus vÃdeos e fotografÃas almacenados en
MediaFire, podendo tamén empregar o servizo para a reprodución musical.
Estamos ante unha aplicación cun deseño limpo, que facilita a navegación polos
contidos valéndonos do Sire Remote, e que permite asà que podamos tirar
proveito de MediaFire non só en smartphones, tabletas e ordenadores, senón
tamén no televisor.
Lembremos que MediaFire ofrece 10 GB de almacenamento de balde, contando tamén
cun plan profesional con 1 TB de capacidade e outro para empresas con ata 100
TB de capacidade.
