Medra a idade dos usuarios de tablets e eReaders
xoves, 25 de agosto do 2011

- Distribución por idades de dispositivos conectados
Un estudo elaborado
por Nielsen nos EE.UU. destaca que aÃnda que hai cousa dun ano entre os
usuarios de dispositivos como tablets ou lectores de libros electrónicos
predominaban os varóns e os mozos, o que parece estar a cambiar de xeito
significativo. AsÃ, no terceiro trimestre de 2010 podiamos ver que o 62% dos
usuarios de tablets tiñan menos de 34 anos e só un 10% superaba os 55 anos,
pero no segundo trimestre de 2011 o panorama amosa unha situación moi
diferente, con só o 46% dos usuarios de tablets de menos de 24 anos e un
incremento dos usuarios de máis de 55 anos ata o 19%.
No que respecta aos lectores de libros electrónicos tamén vemos que os maiores
de 45 anos xa son máis da metade dos usuarios, e estes mesmos dispositivos
tamén evolucionaron de xeito significativo entre o público feminino, pois os
eReaders pertencentes a mulleres pasaron dun 46% no terceiro trimestre de 2010
ao 61% no segundo trimestre de 2011. No mesmo perÃodo o número de smartphones quedou equilibrado en cuestión de sexo, e nos tablets, aÃnda que
medraron entre as mulleres, tiveron que conformarse cun 43%.
