Microsoft anuncia o peche de Skype Qik
martes, 23 de febreiro do 2016
AÃnda que moitas aplicacións son adquiridas por cantidades
económicas millonarias, a longo prazo tenden a supor un lastre se non conseguen
evolucionar con certa independencia, e asà temos que Skype Qik, ferramenta para o
intercambio de mensaxes de vÃdeo entre individuos e grupos, que Microsoft
adquiriu en 2011 por 150 millóns de dólares e que no outono de 2014 pasou a
integrarse en Skype, deixará de estar
dispoñible a partires do 24 de marzo, polo que advirten aos usuarios do
servizo que garden as mensaxes que queiran conservar antes da data indicada
tras a que non será posible enviar ou recibir mensaxes.
Con esta decisión Microsoft deixa claro que os xeitos nos que nos comunicamos
no móbil continúan a evolucionar, e non ten moito sentido manter pequenas
funcionalidades en aplicacións soltas, sendo moito máis razoable potenciar unha
aplicación lÃder como Skype que intentar manter vivo un servizo que
practicamente foi esquecido polos usuarios.
VÃdeo promocional de Skype Qik