Microsoft comeza 2010 rebaixando a Xbox 360 en España

luns, 4 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Antes da chegada do Día de Reis, dende Microsoft decidiron adiantar as súas rebaixas en España para a súa consola Xbox 360, de xeito que dende o pasado día 1 pode mercarse a Xbox 360 Arcade xunto co xogo Banjo Kazooie: Baches y Cachivaches por 149,90 euros, mentres que o modelo Xbox 360 Elite cun disco duro de 120 Gb está á venda por 219,90 euros, incrementando así a distancia en prezo coa PlayStation 3.
Pero esta rebaixa pode ser incluso mellor, xa que en establecementos coma El Corte Inglés están a regalar o xogo Gears of War 2 (valorado en 49,90 euros) coa compra de calquera Xbox 360, mentres que a través da páxina web de Game pode mercarse a Xbox 360 Arcade co xogo de Banjo Kazooie por só 129,95 euros, de xeito que a consola doméstica de Microsoft podería mercarse a un prezo inferior que incluso a Nintendo DS Lite ou a PSP, quedando como a máis barata do mercado pese a ser unha das máis potentes.