Microsoft lanza unha iniciativa contra a piraterÃa do seu Office
martes, 22 de abril do 2008
Para loitar contra
a piraterÃa de software Microsoft comezou hoxe un novo proxecto piloto dentro
do programa
OGA (Office Genuine Advantage ou Vantaxe de Office Orixinal) dirixido a
clientes finais e PEME co que a empresa de Redmond pretende legalizar a
situación de centos de milleiros de usuarios.
Esta experiencia desenvolverase
simultaneamente en Italia, Chile, TurquÃa e España, identificándose as
licenzas non orixinais de Office para instar aos seus usuarios a adquirir
software legal de Microsoft.
Este novo sistema de autentificación do software instalarase nos equipos
informáticos e validará as licenzas de Office cando se pretendan descargar certas
actualizacións do paquete ofimático. No caso de identificar unha copia ilegal
se informará ao usuario, e transcorridos 15 dÃas o programa avisa con máis
insistencia (cun máximo de 2 veces ao dÃa) e ao chegar os 30 dÃas o menú de
Office quedará marcado cun aviso permanente no que se pode ler «La copia de Microsoft Office no es
original».
Esta situación se poderá regular mesmo a través da web de Microsoft, na que se
poderán adquirir licenzas de Office a partir de 99 euros.
