Microsoft permitirá alugar vÃdeos a través da Xbox 360 tanto en España como en Italia
xoves, 30 de outubro do 2008
Microsoft realizou
unha presentación na discoteca Pachá de Madrid para dar a coñecer á nova
interface da Xbox 360, e durante a mesma o director xeral de Xbox LIVE, Jerry
Johnson, anunciou que «o 19 de novembro,
cando lancemos a nova Xbox Experience, imos presentar un novo bazar de vÃdeo
para España e Italia. Deste xeito non só haberá contido relacionado cos xogos,
senón que tamén o haberá no ámbito do lecer e o cine».
Entendemos asà que o servizo
de aluguer de pelÃculas que lanzará Microsoft coa colaboración de
Netflix nos EE.UU. vai ter réplicas europeas, o que é toda unha sorpresa xa que
ata o momento nin sequera iTunes conta con algo semellante (pese a que leva
moito tempo operando).
Deste xeito, a Xbox 360 se poderá empregar tanto para xogar coma para
reproducir pelÃculas dende soportes fÃsicos ou a través de descarga dixital,
faltando agora que se confirmen as condicións do servizo, do que se espera que
permita elixir entre definición estándar e alta definición, entendéndose que se
limitará a contidos protexidos con tecnoloxÃa DRM para permitir a súa
reprodución só durante un tempo limitado e que, de seguir a mesma polÃtica que
nos EE.UU., só estarÃa dispoñible para os usuarios subscritos a Xbox LIVE Gold
(pois Microsoft prefire restrinxir o acceso a usuario de pago, xa que o acceso
a trailers e outros contidos audiovisuais supoñen un importante gasto para a
compañÃa de querer manter o nivel de calidade ao que Xbox LIVE ten acostumado
ao seu público).
|
|
