Microsoft podería estar traballando no lanzamento do Windows Vista SP1

martes, 22 de maio do 2007 Marcus Fernández

Ás veces un simple detalle nunha conferencia pode provocar rumores inesperados, pois non todo o mundo dá importancia ó mesmo, e así, nunha presentación do WinHEC os asistentes puideron ver coma o equipo informático empregado tiña unha curiosa versión de Windows Vista, a “Windows Build 6001 Service Pack 1, v113, ou sexa, que poderían estar a preparar o Windows Vista SP1, pero aínda non se lanzou oficialmente.
De confirmarse isto, o Vista podería arranxar algúns dos problemas que se detectaron no seu lanzamento, para así desbotar a imaxe negativa que parece ter, para coller con forza o relevo de Windows XP.