Microsoft publica os prezos do Office 2008 para Mac

mércores, 26 de setembro do 2007 Marcus Fernández

En xaneiro de 2008 sairán 3 versións do novo paquete ofimático de Microsoft para Mac OS X, dándose a coñecer as súas características e prezos o pasado martes, de xeito que o Office 20008 terá unha versión doméstica e estudantil (con Word, Excel, PowerPoint e Entourage) por 149,95 dólares, unha versión estándar (que engade soporte para Exchance e fluxos de traballo de Automator) a 399,95 dólares (ou 239,95 de tratarse dunha actualización) e unha versión especial que inclúe Expression Media e que incrementa o seu prezo ata os 499,95 dólares (ou 299,95 para unha actualización). Os clientes que merquen agora o Office 2004 para Mac só terán que pagar os portes para facerse coa nova versión cando estea dipoñible.
Podemos engadir que Microsoft Expression Media era a aplicación coñecida coma iView, e que serve para administrar un fondo de contidos para organizalo, integralo en fluxos de traballo, editar gráficos e vídeo e presentalo de xeito profesional.