Microsoft soluciona os problemas de espazo das Xbox 360 básicas ofertando discos duros

martes, 14 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os disco duro para Xbox 360 venderase de xeito conxunto cunha subscrición de 3 meses a Xbox LIVE Gold

O 19 de novembro os usuarios da Xbox 360 poderán actualizar a súa interface para incorporar avatares, novos contidos audiovisuais, a opción de poder gardar no disco duro xogos para non ter que cargalos dende DVD e evitar así o desgaste da lectora, acelerar a carga e reducir o ruído), pero esta actualización ocupa 128 Mbytes de disco, o que pode pillar fóra de xogo a usuarios que mercasen o modelo máis básico da consola, que non inclúe disco duro (aínda que nos últimos meses inclúa unha tarxeta de 256 Mbytes, que sería suficiente), polo que Microsoft comezou hoxe a ofrecer a posibilidade de adquirir un disco duro restaurado de 20 Gb xunto unha tarxeta de subscrición a Xbox LIVE Gold por só 24,99 euros (cando só a subscrición xa custaría 19,99 euros). Esta oferta se lanza por tempo limitado e só a través dunha web de Microsoft creada a tal efecto.
Os usuario que en vez de ter unha Xbox 360 Arcade (o modelo básico actual) conten cun modelo anterior poderán solicitar o envío dunha tarxeta de 512 Mbytes de balde ou adquirir un disco duro de 20 Gb tamén a un prezo especial (14,99 euros).