Mobile GBlogger permite bloguear dende os smartphones baseados en Windows

venres, 19 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios de móbiles co sistema operativo Windows Mobile 5 ou 6 teñen máis facilidades para bloguear grazas á aplicación Mobile GBlogger, que permite publicar contidos nas contas do servizo de blogs de Google (Blogger) dende calquera lugar.
A aplicación ten unha versión básica de balde, que se pode instalar de xeito doado e que permite publicar directamente no noso blog e gravar borradores das nosas entradas, editar HTML e mesmo incorporar vídeos de YouTube, aínda que inclúe unha liña de publicidade ó final das nosas anotacións, o que se pode evitar na edición profesional que, aparte de eliminar a publicidade, tamén fai máis doado etiquetar os contidos para a súa identificación en Technorati (co que se comunica cada vez que facemos unha anotación).