Moitos móbiles poden navegar mellor pola web grazas ó novo Opera Mini beta 2
venres, 31 de agosto do 2007
Opera actualiza o seu navegador web para móbiles de
baixas prestacións, de xeito que o Opera
Mini 4 chega á súa beta 2, que corrixe moitos erros da súa
versión anterior e engade caracterÃsticas destacables como encriptación,
función de multibúsqueda, modo apaisado (con acceso directo con premer # e *),
soporte para fontes pequenas con suavizado, mellora na calidade de imaxe e
simplificando a súa configuración.
A beta 2 tamén inclúe outras pequenas modificacións, aÃnda que os usuarios de
terminais Blackberry verán como a versión especÃfica para eles está máis
adaptada ós seus móbiles.
Lembremos que o Opera Mini permite ver páxinas web normais dende a meirande
parte dos móbiles do mercado, pois é unha aplicación Java de balde que carga as
webs que queremos visitar dun xeito simplificado e permitindo tanto ver cunha
imaxe xeral das páxinas coma achegarse ós textos para a súa correcta lectura na
pantalla do móbil.