Movistar reduce o prezo para gozar de datos móbiles en Andorra
venres, 11 de agosto do 2017
O pasado 15 de xuño dixemos adeus
ás recargas por itinerancia móbil na Unión Europea, pero a chamada itinerancia como en casa deixaba fóra a
territorios como Andorra, Albania, TurquÃa ou SuÃza, o que provoca non poucas
sorpresas desagradables, especialmente ao viaxar a eses territorios cos datos do
móbil activados, o que pode supor importantes cargos, aÃnda que hai grandes
diferenzas entre operadores, de xeito que, por exemplo, Vodafone non cobra
recargas por itinerancia no caso de usuarios que viaxen a SuÃza, Albania e
TurquÃa, e agora Movistar está a tomar medidas con Andorra, pois pechou
un acordo con Andorra Telecom para reducir os custos da itinerancia móbil.
Deste xeito, cando un usuario de Movistar viaxe a Andorra non terá que
desactivar os datos do móbil e quedar illado dos seus contactos a través, por
exemplo, de WhatsApp, xa que terá accesible unha nova tarifa diaria que por 9
euros/dÃa ofrece 3 GB de datos, o que pode parecer que non é un prezo
económico, pero se o comparamos cos 12,10 euros/MB que habÃa que pagar ata o
momento (e que actualmente hai que pagar se empregamos a banda larga móbil en
SuÃza cunha liña española de Movistar) é unha auténtica ganga e fará que moitos
opten por manterse conectados durante
as súas viaxes ao enclave turÃstico. Superados os 3 GB de datos facturaranse
outros 9 euros para gozar dun novo bloque de 3 GB de datos a consumir no mesmo
dÃa.
O resto de tarifas en itinerancia móbil en Andorra manterase na liña do que xa
habÃa, con chamadas a España ou Andorra a 1,82 euros/minuto e chamadas recibida
a 1,82 euros/mes (cun establecemento de 1,21 euros).
Para evitar sustos, o consumo mensual en itinerancia está limitado a 60,50
euros.
