Mundos Digitales botou a andar cunha grande afluencia de público
xoves, 6 de xullo do 2023
A primeira
xornada de Mundos Digitales
arrincaba na mañá en PALEXCO cunha longa ringleira de asistentes esperando ser
acreditados, superando incluso as expectativas da organización. O Congreso
Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media, con sede na Coruña
desde os seus inicios, espertou nesta vixésimo primeira edición o interese dos
profesionais do sector, que responderon á chamada e acudido de todas partes do
mundo para asistir aos relatorios e charlas programadas.
Louisa Bremner
foi a encargada de abrir as xornadas tras a charla inaugural, e fÃxoo cun
interesante relatorio sobre a revolución nos efectos visuais. A Dra. Louisa
Bremner é supervisora e consultora independente de produción virtual. Traballou
en pelÃculas e series de televisión como La Casa del Dragon, Matrix Resurrections,
Muerte en el Nilo e Pinocho de Disney.
Non foi o único
relatorio que atraeu o interese dos asistentes: David Blanco profundou na
adaptación dos recursos a cada proxecto analizando o caso de Tadeo Jones 3,
Franc Vila desentrañou os pormenores sobre como montar un proxecto anime young
adults de alto nivel, Christian Dan Bejarano (parte do equipo da premiada Super
Mario Bros) falou sobre a xestión de longametraxes en remoto, Fran Porras
analizou fotogrametrÃa, polarización cruzada e HDRi, Dave Tyner e Alberto Areas
penetráronse nos fluxos de traballo na nube en espazos compartidos, Ed Hooks
falou aos asistentes de actuación e animación, Rajesh Sharma ocupouse de desmitificar
a IA, José Antonio Labandibar e Pedro MartÃnez Mosteiro analizaron esa mesma IA
desde unha perspectiva instrumental, como ferramenta de traballo, David MartÃn
centrou o seu relatorio nos FX aplicados a videoxogos, Óscar Monzón dedicou o
seu relatorio para analizar a captura do movemento e a nova Alba Meijide
analizou a inspiración que pode atoparse
na IA, estreando a sede de Afundación, aberta ao público xeral.
Unha xornada
inaugural de éxito e chea de análise e redes de traballo, que contou tamén coa
apertura da Feira de Emprego.
Un venres cheo de citas de interese
O venres Mundos Digitales celebrará unha segunda xornada, que multiplica as súas citas, e que arrincará ás 10 da mañá en PALEXCO con tres relatorios simultáneos, para todos os gustos, e cun café con Arnau Olle. Desde ese momento e ata as 20:30, momento en que concluirá, en Afundación, o relatorio de Carlos Santana, Benvidos á 4ª revolución, ambos os espazos (PALEXCO e Afundación) serán un fervedoiro de creatividade, networking e avances tecnolóxicos, da man dos máis recoñecidos profesionais do sector.

- Esta edición de Mundos Digitales contou cunha grande afluencia de público
