Mundos Digitales celebrará en Canarias unha edición de inverno
venres, 31 de xaneiro do 2025
Mundos Digitales, o evento de referencia de Animación, Efectos Visuais e Novos Medios do panorama nacional, amplÃa a súa programación cunha segunda cita anual en Canarias, que complementará a súa xa histórica edición de verán na Coruña, que conta con 23 edicións. O evento caracterÃzase por poñer o foco na industria da animación, os videoxogos e os efectos especiais, a Produción Virtual e a Intelixencia Artificial, facendo fincapé no talento, con relatorios e sesións de perfil técnico.
O director do evento, Manuel Meijide, asegura que «é un auténtico pracer dar a benvida a esta edición invernal de Mundos Digitales Canarias, que nace co obxectivo de consolidarse como un punto de encontro imprescindÃble para a industria da creación dixital».
A cita será os vindeiros 7 e 8 de febreiro no Auditorio de Tenerife e contará coa participación como relator Juan Cañada, director técnico de Unreal Engine, o software máis empregado do mundo en artes dixitais, creadores entre outros proxectos do videoxogo Fortnite. Tamén estarán presentes Nathan Santell, produtor executivo de efectos especiais en Mad Max; Ignacio Caicoya, supervisor de efectos especiais en producións como Star Wars e fundador do estudo canario Flaming Frames; Natacha Ravlic, directora de Produción de Illumination Studios, o estudo produtor de Los Minions; Manolo Mantero e Ferrán Doménech, supervisores de animación e efectos especiais de DNEG, a empresa máis grande do mundo en artes dixitais; e Hidetaka Yosumi, experto en esqueletos de movemento 3D que traballou en proxectos como Final Fantasy, e promotor da empresa canaria de orixe xaponesa Nowake Studio.