Mundos Digitales enriquecerá a súa nova edición con contidos sobre a IA

venres, 19 de maio do 2023 Redacción

Mundos Digitales, o Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media nacido hai máis de dúas décadas na Coruña regresa á cidade herculina cunha nova edición que terá a súa sede no PALEXCO, e que se celebrará entre o 6 e o 8 de xullo de 2023.
Como en edicións anteriores, Mundos Digitales busca dar cabida numerosos ámbitos da creación dixital de animación, efectos visuais ou videoxogos, con numerosas presentacións en exclusiva, pero este incorporará, ademais, de forma destacada, pero nesta XXI edición a cita contempla unha chea de novidades, desde a participación de varios gañadores do Oscar até programación especialmente pensada para achegar o congreso ao público xeral, con citas destinadas ao público local.

Un programa cheo de grandes nomes

Os amantes da sétima arte contarán coa presenza do FX Supervisor de Avatar, película gañadora do Oscar a Mellores Efectos Visuais 2023, e que é, ademais, antigo alumno da UDC. A el únese o deseñador de personaxes de Pinocho, responsable da creación dos personaxes da oscarizada película de Guillermo del Toro. Xunto a eles, El Monstruo Marino. a produción máis importante do ano de Sony Animation Studios e nomeada aos Oscar, e cuxa presentación correrá a cargo doutro coruñés que tamén realizou os seus estudos na UDC. Tamén desenvolverase unha presentación de Super Mario Bros por parte do seu director de animación. Será bastante relevante unha Sesión Especial cos creadores de Arcane, a serie televisiva de aventuras ambientada no universo de League of Legends, que converteuse en todo un fenómeno.
A intelixencia artificial contará cun espazo destacado no programa deste ano, o que resulta moi acaído nun momento non que está a prepararse un Estudio Virtual na Cidade das TIC e a cidade prepárase para acoller a sede da AESIA. Neste marco encaixa tamén a presenza das rodaxes virtuais. No marco do Plan España Hub Audiovisual impulsado pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Spain Film Commission e como unha das súas 3 liñas estratéxicas, inclúe a contribución á transformación do sector audiovisual español. Para iso, e tras un intenso labor de análise na que se traballou estreitamente con máis de 30 destacados profesionais do sector, considera que Mundos Digitales, e en primicia, é o marco perfecto para trasladar ao sector as conclusións obtidas nesta análise das novas formas de rodaxes virtuais e as súas implicacións técnicas, xurídicas e económicas.
A estas dúas importantes liñas de contido súmase, como cada ano, a Feira de Emprego, na que numerosas compañías, tanto nacionais como internacionais (entre as que mesmo haberá unha empresa australiana que estará presente nesta actividade de identificación de talento para incorporar ás súas próximas producións), interactúan e coñecen aos futuros profesionais do sector, buscando captar novo talento.

Actividades para toda a cidade

DotCSV impartirá unha masterclass sobre intelixencia artificial

Este ano, Mundos tamén contará con programación aberta ao público da cidade, incluíndo proxeccións exclusivas para Mundos Digitales abertas ao público xeral, un percorrido por algunhas das máis destacadas cinemáticas dos videoxogos e compañías máis importantes do panorama internacional, proxeccións dalgunhas das máis innovadoras pezas deste sector do panorama de creación internacional en publicidade e deseño visual, e, por suposto, a proxección dos finalistas ás diferentes categorías que forman parte de Festival MD23.
Tamén os que buscan coñecer máis sobre a IA terán o seu oco, coa Conferencia de Intelixencia Artificial na que o divulgador de IA máis notable do noso país, Dot CSV, con máis de 700.000 seguidores na súa canle de YouTube, mostrará a través dunha masterclass moi visual a estado da arte da IA no sector creativo.
A edición 2023 de Mundos Digitales contará cun Concurso e Taller Xuvenil de Deseño de Personaxes para Animación e Videoxogos, promovido pola Deputación da Coruña, no que todos os nenos da provincia que o desexen poderán participase neste concurso enviando o seu debuxo cos personaxes que cren, optando a participar nun taller cun dos deseñadores de personaxes máis destacado do noso país.
Os máis creativos co deseño atoparán a súa cita no Concurso de ilustración e deseño gráfico. Coa relación auga-tecnoloxía, este concurso promovido por EMALCSA, ofrece un magnífico premio para todos aqueles artistas que envíen o seu proxecto.

PUBLICIDADE