Mundos Digitales presenta o seu programa completo
xoves, 22 de xuño do 2023
Esta mañá
presentouse no PALEXCO a XXI edición de Mundos
Digitales, congreso internacional que regresará á cidade da Coruña entre o
6 e o 8 de xullo cun programa cheo de propostas interesantes, tanto para os
profesionais do sector, como para os afeccionados, que atoparán entre os nomes protagonistas
aos responsables dalgúns dos seus produtos de ficción favoritos.
O director e fundador da mostra, Manuel Meijide, foi o encargado de presentar a
nova edición do congreso, acompañado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o reitor
da UDC, Julio Abalde, o director de AGADIC, Jacobo Sutil e o presidente da Deputación
da Coruña, Valentín González Formoso, en representación das entidades pública
colaboradoras.
Meijide tivo a
ben destacar o importante labor que un proxecto como este realiza na tarefa de situar
A Coruña dentro do mapa internacional: “durante estas 21 edicións fomos
crecendo ata converternos nun evento imprescindible para o sector, profesionais
de todo o mundo, os máis grandes entre os grandes, fixan na súa axenda Mundos Digitales
entre as súas citas ineludibles, e iso nos satisfai e á vez rétanos a seguir
mellorando”.
Un programa cheo de grandes nomes
Os amantes da
sétima arte contarán coa presenza do FX Supervisor de Avatar, película
gañadora do Óscar a Mellores Efectos Visuais 2023, e que é, ademais, ex alumno
da UDC. A el únese o deseñador de personaxes de Pinocho, responsable da
creación dos personaxes da oscarizada película de Guillermo del Toro. Xunto a eles,
The Sea Best. a produción máis importante do ano de Sony Animation
Studios e nomeada aos Oscars, e cuxa presentación correrá a cargo doutro
coruñés que tamén realizou os seus estudos na UDC. Contaremos tamén coa
presenza de Super Mario Bros, coa presentación por parte do director de
animación da película, a que máis recadou da historia e que está a bater todos
os récords no sector. Haberá unha sesión especial cos creadores de Arcane,
a serie televisiva de aventuras ambientada no universo de League of Legends
A Intelixencia
Artificial contará cun espazo destacado no programa deste ano, algo que parece
en grao sumo lóxico tendo en conta que en Coruña vai montar na Cidade das TIC,
posiblemente o máis avanzado Estudio Virtual do noso país. Neste marco encaixa
tamén a presenza das Rodaxes Virtuais. No marco do Plan España Hub Audiovisual
impulsado pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas
Dixitais, Spain Film Commission e como unha das súas 3 liñas estratéxicas,
inclúe a contribución á transformación do sector audiovisual español. Para iso,
e tras un intenso labor de análise na que se traballou estreitamente con máis
de 30 destacados profesionais do sector, considera que Mundos Digitales, e en
primicia, é o marco perfecto para trasladar ao sector as conclusións obtidas
nesta análise das novas formas de rodaxes virtuais e as súas implicacións
técnicas, xurídicas e económicas.
A estas dúas
importantes liñas de contido súmase, como cada ano, a Feira de Emprego, que por
segundo ano convértese na máis grande do sector en Europa e na que numerosas
compañías, tanto nacionais como internacionais (entre as que mesmo haberá unha
empresa australiana que estará presente nesta actividade de identificación de
talento para incorporar ás súas próximas producións), interactúan e coñecen aos
futuros profesionais do sector, buscando captar novo talento.
Actividades para toda a cidade
Este ano, Mundos
tamén contará con programación aberta ao público da cidade da Coruña, incluíndo
proxeccións exclusivas para Mundos Digitales abertas ao público xeral, un
percorrido por algunhas das máis destacadas cinemáticas dos videoxogos e
compañías máis importantes do panorama internacional, proxeccións dalgunhas das
máis innovadoras pezas deste sector do panorama de creación internacional en
publicidade e deseño visual, e, por suposto, a proxección dos finalistas ás diferentes categorías que forman parte de
Festival MD23.
Tamén os que
buscan coñecer máis sobre a IA terán o seu oco, coas Conferencias de
Intelixencia Artificial na que o divulgador de IA máis notable do noso país, Carlos
Santana (máis coñecido como Dot CSV) con máis de 700.000 seareiros na
súa canle de YouTube, mostrará a través dunha masterclass moi visual a
estado da arte da IA no sector creativo, e Alba Meijide, comisaria da
exposición AI: More than Human, que compartirá as súas reflexións sobre
como aproveitar ao máximo esta nova tecnoloxía en beneficio da nosa
creatividade.
Todas estas
actividades, que levarán a cabo na Sede Afundación da Coruña, son gratuítas e
pódense adquirir as entradas a través de Ataquilla.com.
E como o talento
é o que move este congreso, os concursos e talleres teñen tamén o seu oco.
A edición 2023 de
Mundos Digitales contará cun Concurso e Taller Xuvenil de Deseño de Personaxes
para Animación e Videoxogos, promovido pola Deputación da Coruña, no que todos
os nenos da provincia que o desexen poderán participar neste concurso enviando
o seu debuxo cos personaxes que cren antes do 26 de xuño, optando a participar
nun taller cun dos deseñadores de personaxes máis destacado do noso país.
Os máis creativos
co deseño atoparán a súa cita no Concurso de ilustración e deseño gráfico. Coa
relación auga-tecnoloxía, este concurso promovido por EMALCSA, ofrece un
magnífico premio para todos aqueles artistas que envíen o seu proxecto.