MuxÃa prepárase para acoller esta fin de semana a súa Concentración Informática
martes, 9 de outubro do 2007
En Galiza hai partys informáticas para cada estación, malia que a tendencia é que se concentren no verán, por aquilo de que os mozos e mozas están máis ceibes de tarefas de toda Ãndole. Porén, estes dÃas de primeiras friaxes, magostos e follas caÃdas tamén teñen os seus alicientes de cara ó aproveitamento das redes en colectividade para o lecer, sobre todo se coinciden con tres dÃas libres, un tras outro e nunha única fin de semana.
É o caso desta fin de semana que se achega, a que vai do 12 ó 14 de outubro, e que pola banda de MuxÃa vai ser aproveitada ó máximo coa organización da primeira Concentración Informática da Costa da Morte, que xa ten aberto o proceso de inscrición.
O encontro, que se desenvolverá no polideportivo municipal da vila, está organizado polo Concello e conta co patrocinio da Deputación da Coruña e de Caixa Galicia. O prezo por participar nela é de 25 euros, e nel vai incluÃdo o dereito a acampar e, por suposto, a participar na listaxe de actividades que se están a desenvolver, entre as que se conta un gran certame de videoxogos (Counter Strike, Need for Speed e Pro Evolution Soccer).
Ademais, segundo informa a organización, a party de MuxÃa será o escenario de diversos espectáculos e (tamén) do evento socio-gastronómico galego por excelencia, en absoluto rifado coas redes e as tecnoloxÃas da información: dunha churrascada. Na páxina web do encontro poderemos estar ó tanto das novidades que vaian xurdindo ó longo destas xornadas, e nela tamén se nos convida a achegar todo tipo de suxestións co obxectivo de mellorar no posible a presente e as vindeiras edicións.
