Natal poderÃa saÃr á venda en outubro por 149 dólares
mércores, 26 de maio do 2010

- A cámara especial empregada no Proxecto Natal
Unha fonte fiable da revista británica
EDGE asegura que o dispositivo desenvolvido no proxecto Natal (con nome aÃnda
non definido) porÃase á
venda nos EE.UU. en outubro por 149 dólares, á vez que poder mercarse en
conxunto cunha Xbox 360 Arcade por 299 dólares, de xeito que serÃa máis caro do
que algúns estimaban (agardábase un prezo duns 100 dólares).
A mesma fonte asegura que a data de lanzamento mundial do produto estarÃa
fixada para o 26 de outubro, o que confirmarase no E3, feira na está prevista a
presentación oficial do produto que chegará ás tendas no outono, asà coma de
moitos dos xogos que tirarán proveito do mesmo.
Ao parecer, Microsoft pretende vender millóns de unidades no primeiro ano do
produto, chegando ao sector dos xogadores ocasionais con moita forza, pois o
sistema de control sen mandos parece
presentarse como a evolución dos controis da Wii e da PlayStation 3, e poderÃan
ter repercusións non só nos xogos, senón tamén na reprodución multimedia e
outros uso relativos ao lecer electrónico.
