Nintendo continúa a dominar o mercado de consolas domésticas e portátiles
martes, 29 de abril do 2008

- Unidades vendidas ata este mes das consolas de última xeración
Unha vez pasado o
Nadal, é un bo momento para dar un repaso ás vendas de consolas de videoxogos,
que no caso das portátiles están totalmente inclinadas en favor da Nintendo DS, que con 70,65 millóns de unidades
a nivel mundial ten o 67,9% do mercado, mentres que nas consolas
domésticas a situación está máis rifada, quedándose
Nintendo só co 44,8% do pastel da
nova xeración pese a que non é unha consola de alta definición, o
que non lle impediu vender 24,58 millóns de unidades en todo o mundo (dos que
660.000 corresponden a España).
Nas consolas de alta definición a Xbox 360 aÃnda supera á PlayStation 3 con 18,35
millóns de unidades fronte aos 11,92 millóns de consolas de Sony, que aÃnda que
van medrando en penetración de mercado (chegando xa ao 21,7%).
Pese a que a PS3 parece ser a consola de videoxogos menos vendida ata o
momento, o lanzamento de novos tÃtulos coma GTA
IV e o abandono do formato de alta definición HD DVD (superado polo Blu-ray
de Sony) poderÃan cambiar a situación en poucos meses, para iguala á consola de
Microsoft, que é a máis rendible para os fabricantes (xa que os seus
propietarios adquiren bastantes xogos mentres que en consolas como a Wii
parecen conformarse cos xogos que veñen de serie).
