Nintendo lanzará unha Wii negra no Xapón

xoves, 4 de xuño do 2009 Marcus Fernández

O 1 de agosto sairá á venda no Xapón por 25.000 iens (182,75 euros) unha Wii de cor negra, que sería a primeira cor alternativa oficial para a consola doméstica de Nintendo. No lanzamento da consola xa se agardaba que saísen modelos en branco, vermello, prata, verde lima e negro, pero polo momento só estaba dispoñible a Wii en branco.
Para completar o lanzamento tamén permitirán a adquisición de periféricos en cor negra coma o Wiimote, o nunchaku e o controlador clásico.