Nintendo rexistra perdas netas no primeiro semestre fiscal do ano
xoves, 28 de outubro do 2010
O éxito de
Nintendo coa súa Wii e cos distintos modelos de Nintendo DS non podÃa ser
infinito, e cando se esgota o ciclo de vida dun produto é preciso renovarse, de
aà que en marzo vaian achegar as 3D sen lentes coa Nintendo 3DS, pero mentres,
as contas da compañÃa nipona reséntense, e no
último semestre fiscal rexistraron unhas perdas netas de 2.010 millóns de iens
(17,84 millóns de euros) cando no mesmo perÃodo do ano anterior tiñan uns
beneficios de 69.490 millóns de iens (616,84 millóns de euros). De feito,
estamos ante a primeira vez en 7 anos que Nintendo rexistra perdas brutas no
primeiro trimestre fiscal, e no segundo ano seguido no que caes as vendas de
Wii (algo inevitable cando a consola doméstica de Nintendo está presente en
case todos os fogares con nenos).
A situación económica da compañÃa vese agravada en boa medida pola mala
posición do ien, moeda que está excesivamente fortalecida, de xeito que se
analizamos de xeito independente os resultados de cada paÃs non teriamos unha
percepción tan negativa dunha situación que promete mudar radicalmente en 2011,
aÃnda que mentres terán que enfrontarse a un segundo semestre de 2010 no que
terán moi complicada a súa situación no mercado, cunha Wii que terá difÃcil
reaccionar ante a competencia que coloca no mercado sistemas de control de
movemento alternativos ao mando da Wii (PlayStation Move e Kinect) e unha
Nintendo DS/DSi que ve reducido o seu catálogo de novidades porque os estudos
de desenvolvemento están a esforzarse de cara ao lanzamento da 3DS.
