Nokia poderÃa presentar os seus móbiles con Windows Phone 8 o mes que vén
luns, 6 de agosto do 2012
A presentación de
Windows Phone 8 expuxo toda unha serie de innovacións que facÃan entender
que Microsoft poderÃa ter moito que dicir no sector móbil durante os vindeiros
anos, pero que teriamos que agardar varios meses para poder comprobalo en primeira
persoa, e mentres agardabamos que o novo sistema operativo móbil chegase ao
mercado a final de ano, dende Bloomberg sorprenden adiantando que ante a frÃa
resposta comercial do actuais Nokia Lumia (que pese a ter boas vendas, non
conseguiron pórse á altura de iPhone e Android) poderÃa acelerarse a chegada da
nova versión de Windows Phone, estimando que os
novos móbiles da compañÃa finlandesa verÃan a luz no evento Nokia World que
terá lugar en setembro, pouco despois da presentación do novo iPhone (agardada
para o 12 de setembro).
Dende Nokia non confirmaron o seu calendario de lanzamento de novos produtos,
pero resulta evidente que vai ser próximo á chegada de Windows 8 ao mercado,
para aproveitar as sinerxÃas que xurdirán entre as distintas plataformas de
Microsoft.
