Nova versión de Parallels Desktop para Mac

martes, 9 de agosto do 2022 Marcus Fernández

A chegada dos procesadores Apple Silicon nos Mac supuxo un hándicap para usuarios que facían un uso intensivo da virtualización para correr aplicacións para Windows, pero Parallels Desktop 18 para Mac quere salvar ese atranco, e nesta última versión incorpora soporte de macOS Ventura e mellora a compatibilidade da versión para procesadores ARM de Windows 11, facendo doado poder gozar de aplicacións para macOS e para Windows simultaneamente (ou sexa, sen ter que reiniciar o equipo).
A nova versións de Parallels Desktop presume de permitir configurar Windows 11 nun único clip, ou sexa, que simplifica a súa instalación. Tamén fai que as aplicacións de Windows 11 para procesadores Intel melloren a súa compatibilidade e fan máis doado poder xogar dende o Mac ao permitir o uso de mandos de Xbox e PlayStation.
Estamos ante unha versión de Parallels Desktop con numerosas novidades, que basicamente poden resumirse en melloras de compatibilidade, o que é especialmente de agradecer no caso de contarmos con equipos con procesador M1 ou M2, ou que conten con pantallas ProMotion (que agora responden correctamente a pantalla completa).

PUBLICIDADE