Nova versión do Opera para Windows Mobile

venres, 5 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Opera lanzou unha nova versión do seu navegador para Windows Mobile, compatible coas versións 2003, 5 e 6 do sistema operativo para dispositivos móbiles de Microsoft, presentando unha velocidade de carga máis elevada que a do Pocket Internet Explorer, soportando Flash Player 7 e con melloras de usabilidade como a posibilidade de descargar imaxes, copiar texto, enviar ligazóns como SMS ou correos electrónicos como MMS.
O Opera 8.65 para Windows Mobile mellorou a súa estabilidade, soporta memoria caché separada en tarxetas de memoria e inclúe outroas melloras que serán ben recibidas polos seus usuarios.
Este navegador non é de balde, senón que a súa licenza custa 24 dólares, aínda que existe unha versión de proba por 30 días.