Artigos desta sección
Yoigo, en venda
A empresa sueca Yoigo, na actualidade o cuarto operador de telefonía móvil no noso país, ao que, segundo parece, lle vai bastante peor que á súa compatriota Ikea, vén de pendurar o cartel de “Véndese” nas portas dos seus establecementos. Os inversores da firma de telefonía aseguran non estar dispostos “a perder un euro máis” ou, mellor dito, “a non agardar máis (...)
Ler máisNace FilmConductor.eu, un portal dedicado ao cine de autor internacional
Dende Barcelona e con “ambicións internacionais” vén de ver a luz a revista mensual Film Conductor, unha publicación en liña que ten como finalidade “abrir as portas de Europa aos internautas” a modo de club de seareiros do cinema de autor. “Como podo coñecer as películas de Sokurov, de Jia Zhang-Ke, de Gus Van Sant…? ou quen gañou tódolos festivais sen agardar 2 (...)
Ler máisO proxecto de valenciano Carlos Meri gaña o concurso para a construción do novo CESGA
O Centro de Supercomputación de Galicia, situado actualmente no Campus Sur de Santiago de Compostela, vai contar en breve cun novo emprazamento. Precisamente deste traslado dos equipos humanos técnicos e das características xerais que terá o novo edificio veñen de falar perante os medios informativos o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, e máis o (...)
Ler máisEfelcren, seleccionado para participar nun evento internacional pola súa aposta tecnolóxico-educativa
Efelcren, seleccionado para participar nun evento internacional pola súa aposta tecnolóxico-educativaO proxecto educativo Efelcren (acrónimo da tradución ó inglés de “Entornos educativos flexibles e creativos”), financiado pola Comisión Europea e coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela, vén de ser seleccionado para participar, mañá martes día 2 de (...)
Ler máisMicrosoft loita contra a SIDA a través do Messenger
Con motivo da celebración do Día Mundial contra a SIDA que ten lugar hoxe, a empresa Microsoft vén de lanzar unha campaña especial para concienciar aos mozos e mozas de todo o mundo, do riscos de contraer esta enfermidade se non se toman as medidas de prevención axeitadas. Por medio do servizo Messenger, que ten 14 millóns de usuarios en España, a campaña da (...)
Ler máisSanta Comba contará cunha Aula Mentor
O pasado venres a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e o alcalde de Santa Comba, Miguel Pérez Fernández, asinaron un convenio para o desenvolvemento dunha Aula Mentor na vila que permitirá ao Concello de Santa Comba contar cun sistema de formación aberta, libre e a distancia a través da Internet para a formación de adultos. (...)
Ler máisA Kutruparty incluirá un obradoiro-concurso sobre intelixencia artificial
A Kutruparty, o encontro informático para a mocidade que se celebra esta fin de semana na Estrada (do 5 ao 8 de decembro), vén de reforzar o seu programa de lecer tecnolóxico coa incorporación dunha actividade ligada á intelixencia artificial: o ObradoiroBot. O evento, que aparece detallado polo miúdo no blog da party e máis na súa páxina web, segue en certa (...)
Ler máisA feira Cultur.gal 08 achéganos ás novas tecnoloxías a través da cultura
Dende o vindeiro xoves, día 4, ata o domingo 7 de decembro, vai ter lugar no Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco), a segunda edición da Feira Galega das Industrias Culturais, Cultur.gal, un evento que promove e ofrece produtos e servizos relacionados coa cultura en Galicia para facérllelos chegar a toda a cidadanía e darlles visibilidade entre (...)
Ler máisA firma galega Fotopanorama.com abrélles ás Canarias unha web en 360º
Fotopanorama.com segue a cinguir turismo con novas tecnoloxías facendo –entre outras cousas- que o visitante-internauta chegue até onde en condicións normais non chegaría. Máis en detalle, do que se trata non é de axudalo nos seus desprazamentos, aínda que tamén, senón de achegarlle máis capacidade de visión previa a eses desprazamentos. A empresa, que xa ten unha (...)
Ler máisHabilitan en Facebook un grupo aberto a prol dunha rede ferroviaria galega
Agora que o tren, ou -mellor dito- a ausencia de tren está no punto de mira dunha boa parte das galegas e dos galegos, a Web semella que nos pode botar unha man nas nosas arelas de contar cun servizo ferroviario en condicións que contribúa por unha banda ao desenvolvemento social e económico e, pola outra, ao uso de transportes máis limpos. Nesta liña de (...)
Ler máis0 | ... | 37400 | 37410 | 37420 | 37430 | 37440 | 37450 | 37460 | 37470 | 37480 | ... | 42560