Artigos desta sección
Expertos en cibermedios coinciden na imparable caída dos xornais impresos
O Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia organizou o pasado xoves unha xornada sobre O Impacto das TIC no Exercicio do Xornalismo, na que podería ser o primeiro paso nunha longa traxectoria de colaboración entre xornalistas e enxeñeiros informáticos, e que comparado con outros encontros sobre o ciberperiodismo poderiamos dicir que (...)
Ler máisA revista británica NRevolution podería botar o peche o mes que vén
Pese a que falta unha confirmación oficial por parte da compañía editora (e a nova orixinal sobre o asunto foi retirada da web) parece ser que a revista de videoxogos británica NRevolution podería deixar os quioscos o vindeiro día 11 de decembro, cando lanzaría o seu número 30, que sería o último, pese a que trata en exclusiva as populares consolas de Nintendo, o (...)
Ler máisUnha web nos permite consultar cando nos afectará o apagamento analóxico
Durante estas semanas se está a percorrer Galicia un ciclo de charlas-coloquio sobre a Televisión Dixital Terreste, polo que lles vén á perfección a renovación da web televisiondigital.es, que xa incluía información sobre as zonas de cobertura da TDT (en proceso de actualización) e a súa programación completa, e que agora incorpora unha conta atrás para as 3 fases (...)
Ler máisApple celebra o Black Friday en España
Hoxe é o venres negro en EE.UU., a data que se considera coma o inicio das compras para o Nadal, de aí que moitas tendas se lancen a facer ofertas abraiantes para incitar ao consumismo, pero a tenda de Apple nos sorprende por aplicar as mesmas promocións na súa web española, de xeito que durante todo o día se poden aforrar 41-81 euros nos iMac, 41-91 euros (...)
Ler máisUnha panadería de Coristanco vende pan e empanadas dende a súa web
Hai cousa dun ano unha panadería de Vimianzo sorprendía ao abrir páxina web para dar a coñecer os seus produtos, e agora a Panadería Valenza de Coristanco dá un paso máis e se lanza a vender pola Internet pan de leña, roscas e empanadas de carne, atún e bacallau, entregándoas a domicilio de balde para clientes da zona de Bergantiños ou a través de SEUR para (...)
Ler máisBalance positivo das Xornadas Empresas en Red, celebradas
Segundo unha enquisa realizada entre os empresarios asistentes ás Xornadas Empresas en Red celebradas na Coruña, “o 100 por cento dos asistentes quere implantar as novas tecnoloxías no seu negocio e o 61 por cento farao de xeito inmediato”. Asemade, tódolos asistentes consideran que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) “son beneficiosas para o (...)
Ler máisA Fecyt organiza en Madrid o I Curso de Monitores de Museos de ciencia e tecnoloxía
A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) vén de anunciar a celebración do I Curso de Monitores de Museos de ciencia e tecnoloxía, que terá lugar en Madrid do vindeiro 1 ao 4 de decembro. A iniciativa vén promovida por este organismo no marco da Rede de museos de ciencia e tecnoloxía e ten como principal obxectivo a posta en práctica das (...)
Ler máisA PlayTV sairá finalmente en España
Sony anunciou que PlayTV, o dispositivo que permite a gravación e captura de vídeo e sinal de televisión dende a PlayStation 3 chegará finalmente ao mercado español a un prezo de 99,99 euros, o que supón un retraso considerable con respecto do resto de Europa así coma un prezo superior (é posible encargalo a Reino Unido por 83,99 euros incluíndo os gastos de (...)
Ler máisA cubana Yoani Sánchez gaña os premios The BOBs 2008
Durante esta tarde anunciáronse os gañadores dos premios The BOBs 2008, tamén coñecidos coma os Oscars dos blogs, e que organiza Deutsche Welle, nunha edición na que non houbo sorpresas, resultando recoñecido coma o blog do ano Generación Y da blogueira cubana Yoani Sánchez, quen xa recibira o Premio Ortega y Gasset 2008 de Periodismo Dixital e o Premio do (...)
Ler máis2.700 telecentros de toda España deixarán de contar co financiamento de Red.es
Máis de 5.400 vilas españolas poderían acrecentar a fenda dixital que os separa da sociedade da información xa que os programas de financiamento dos seus telecentros que achegan o acceso á Rede para unhas 600.000 persoas podería rematar pois preto de 2.700 telecentros aínda financiados polos Estado deberán pasar a mans de deputacións, cabildos e concellos en (...)
Ler máis0 | ... | 37410 | 37420 | 37430 | 37440 | 37450 | 37460 | 37470 | 37480 | 37490 | ... | 42560