Artigos desta sección
Galiciaparelmundo.com vende unha selección de produtos galegos de calidade
Esta mañá presentouse en Compostela o novo portal galiciaparaelmundo.com, que inclúe unha tenda virtual na que se pode adquirir unha selección dos mellores produtos galegos, nun acto ó que asistiron o Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado; o produtor executivo de Pórtico Comunicaciones, Ramón Varela; e os responsables da (...)
Ler máisPownce estrea unha versión móbil do seu servizo de microblogging
O microblogging é unha actividade que gaña popularidade na Internet, e para continuar medrando, tamén se abre ós móbiles, polo que o servizo Pownce se adaptou a esta tendencia estreando versión móbil. A nova versión da web de Pownce permite remitir entradas dende terminais de telefonía móbil con navegador de (...)
Ler máisAGESTIC estima que o canon dixital suporía para Galicia un incremento de prezos de 6 millóns de euros
O presidente da Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (AGESTIC), José Mª López Bourio, dirixiu un escrito ós 350 deputados que para que mañá voten en favor da retirada do canon dixital, pois considera que o novo marco da compensación por copia privada tería unha repercusión negativa en Galicia que suporía un incremento de (...)
Ler máisDygra Films celebra o seu 20 aniversario con cine 3D e a protección do medio ambiente
Os estudos galegos Dygra Films celebraron hoxe en Kinépolis Madrid o seu 20 aniversario con 2 apostas claras: a innovación tecnolóxica e a defensa do medio ambiente. O director dos estudos , Manolog Gómez, destacou que «o compromiso, a innovación e a formación son os 3 piares sobre os que medrou Dygra e que fixeron do seu un modelo diferente». Para continuar (...)
Ler máisCaixanova achega un depósito a prazo fixo remunerado coa Wii
Caixanova vén de poñer no mercado un novo produto encamiñado á captación de depósitos que saca partido do tirón da consola Nintendo Wii e o xogo Wii Sports de cara a este Nadal que xa se nos vén enriba. Deste xeito, calquera cliente que formalice un depósito a prazo fixo na entidade financeira galega recibirá de mans desta os devanditos produtos de lecer (...)
Ler máisA Xunta dá a coñecer ós premiados pola posta en marcha de recursos formativos sobre redes
Xa podemos consultar no Diario Oficial de Galicia (aquí, en pdf) a listaxe de premiados (centros e mestres) pola Consellería de Educación polo seu compromiso a prol do afianzamento da Sociedade da Información no ensino non secundario a través do desenvolvemento de recursos formativos. Entre os galardoados pola Xunta atopamos no primeiro lugar da modalidade (...)
Ler máisO II Estudo de Velocidade 2007 presenta malos resultados para o ADSL de 20 Mbps e o ADSL Rural
O II Estudo de Velocidade 2007 organizado polas webs ADSLZone e ADSLNet que avaliou os resultados de 1.202.261 probas de velocidade de conexións de Internet, concluíndo que a modalidade de ADSL2+ a 20 Mbps é a que atopa máis dificultades para o seu espallamento. A presente edición do estudo tamén engadiu as conexións de ADSL Rural, que supuxeron o 2% das (...)
Ler máisA Secretaría de Comunicación achega a videoconferencia a 55 centros de ensino secundario
Todo método de comunicación novo require o seu proceso de adaptación. Mesmo o móbil, co que hoxe estamos todos familiarizados, houbo un tempo en que resultaba estraño e máis de un (se facemos memoria) chegamos a collelo coma quen colle un aparello chegado de outro planeta. Nesta liña vai tamén a videoconferencia que, alí onde sexa posible levala a cabo (hai que (...)
Ler máisO futuro do canon dixital podería dirimirse esta semana
O vindeiro xoves o Congreso dos Deputados votará a posible supresión do canon dixital despois de que os ministerios de Industria e Cultura chegaran a un acordo para fixar o sobrecusto que se imporá á compra de dispositivos electrónicos que permite a copia privada de contidos. As novas tarifas supoñen a baixada dos gravames a discos ópticos e gravadoras á vez (...)
Ler máisUn documental multimedia analiza a relación entre os blogs e o xornalismo
Álvaro Liuzzi vén de publicar na Internet o seu documental Blogs y periodismo, que fai unha extensa e profunda análise da blogosfera e a súa relación cos medios de comunicación a través de 12 testemuñas videográficas (8 recollidas presencialmente e 4 a través da Internet). Os entrevistados son arxentinos, agás a chilena Paloma Baytelman e os españois Manuel (...)
Ler máis0 | ... | 40030 | 40040 | 40050 | 40060 | 40070 | 40080 | 40090 | 40100 | 40110 | ... | 42560