O II Estudo de Velocidade 2007 presenta malos resultados para o ADSL de 20 Mbps e o ADSL Rural

mércores, 19 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Comparativa dos resultados para conexións de 20 Mbps

O II Estudo de Velocidade 2007 organizado polas webs ADSLZone e ADSLNet que avaliou os resultados de 1.202.261 probas de velocidade de conexións de Internet, concluíndo que a modalidade de ADSL2+ a 20 Mbps é a que atopa máis dificultades para o seu espallamento.
A presente edición do estudo tamén engadiu as conexións de ADSL Rural, que supuxeron o 2% das mostras, o que indicaría a pouca penetración da solución para achegar a Rede ó rural, e que se saldou cunha velocidade media de 374 Kbps, o que resulta especialmente negativo ó ter en conta que os usuarios destas conexións non só teñen velocidades deficientes, senón que pagan máis por estes accesos que os usuarios urbanos.
Nas conexións ADSL2+, Jazztel foi o operador con mellores resultados na súa modalidade de 20 Mbps, apartándose de tal comparativa tamén estaría Ono coa súa modalidade de 25 Mbps; pero o que si acontece en tódolos casos é que as conexións na práctica distan moito das velocidades máximas anunciadas (as conexións de 20 Mbps normalmente non chegan ós 10 Mbps).

PUBLICIDADE