Novidades sobre o Internet Explorer 8
xoves, 3 de maio do 2007
Semella que hai detalles sobre a próxima versión do navegador de Microsoft, Internet Explorer 8, e, como en todo o que ten relación cos produtos da multinacional de Redmond, están a desencadear reaccións de todo tipo. Sexamos dos que teñen na casa unha foto de Bill Gates con marco de ouro ou dos que temos a mesma imaxe como diana para os dardos (ou ningunha cousa nin outra), cómpre estar atentos ó que pode achegar Microsoft como resposta ó rival que máis terreo lle come no eido da navegación web: o Firefox.
O caso é que segundo Chris Wilson (na foto, nun acto recente rexistrado por Ahlund en Flickr), unha das grandes novidades da ferramenta vai consistir na integración de todos os soportes de RSS, CSS e AJAX. Asemade, virá con soporte para os microformatos, elemento que tamén aparecerá na inminente nova versión do Firefox, polo que se cre que o lanzamento do Internet Explorer 8 (a previsión é que estea operativo nun ano, máis ou menos) é en boa medida un intento de non ceder máis terreo.
Para quen non o saiba, os microformatos dos que tanto se fala hoxe en dÃa son marcas ou etiquetas sinxelas que deixan marxe para expresións semánticas nunha páxina HTML ou XHTML. Que beneficio pode ter isto? Pois basicamente poñer un pouco máis de orde na Internet e contribuÃr a clasificar mellor a información. Ou sexa, que cando falamos de microformatos falamos de anacos de código XHTML ou (se o preferimos) simples etiquetas que se poñen nunha web para que sexa mellor identificada ou comprendida, tanto polos que usamos a Rede e somos de carne e óso como polas máquinas que tamén a empregan (e cada dÃa máis).
