Novos vÃdeos de presentación da Kutruparty 2008 na Rede
xoves, 30 de outubro do 2008
|
|
Temos novidades sobre Kutruparty 2008, o encontro para internautas que se vai celebrar na Estrada entre o 5 e o 8 de decembro. Segundo fai saber a organización da xuntanza en liña (que se desenvolverá no Pazo de Exposicións da dita localidade, achegándolles rede de alta capacidade e un amplo programa de actividades lúdico-formativas a preto de 300 mozos e mozas), pódense ver xa no servizo YouTube os vÃdeos de presentación desta convocatoria 2008, un en galego e outro en castelán. As dúas pezas, que se suman ás moitas achegas audiovisuais sobre o encontro estradense subidas á dita web, son un resumo das moitas accións previstas para a xuntanza: torneos, relatorios, presentacións, mesas redondas e obradoiros sobre software libre ou fotografÃa dixital.
Por certo que a sexta edición do encontro, organizado unha vez máis por Auslae Omix (Asociación de Usuarios de Software Libre da Estrada), vai ser máis que nunca unha edición aberta, o máis acorde posible cos novos tempos de colaboración e actividade en liña. AsÃ, co fin de non reducir o eido de acción dos participantes ao espazo que ocupe o seu ordenador e obxectos persoais, están a ser benvidas xa todas as propostas de forma e contido que axuden a que esta party vindeira sexa o máis completa posible.
