O 60% dos Eee PC incluirán Windows XP preinstalado
xoves, 13 de marzo do 2008

- Jonney Shih cun dos novos portátiles económicos de Asustek
AÃnda que o Asus Eee PC destaque polos seus reducidos tamaño e peso,
tamén estaba definido pola incorporación do sistema operativo Xandros
(distribución de Linux adaptada ó mesmo) que permite reducir o prezo pero que
non parece gozar de moi boa aceptación pública, pois dende Asustek xa preparan
o lanzamento de equipos con Windows XP preinstalado, estimando que o
sistema operativo de Microsoft estará presente no 60% dos equipos vendidos,
segundo declaracións de Jonney Shih, director do fabricante taiwanés.
Asustek xa colocou no mercado 300.000 Eee PC durante 2007 e agarda chegar ós 5
millóns de unidades en 2008, o que indica claramente a importancia que está a
tomar este tipo de equipos portátiles de baixo custo.
