O AVG Anti-Virus Professional 7.5 poderase descargar de balde ata o 17 de xaneiro
xoves, 27 de decembro do 2007
Unha das aplicacións anti-virus máis populares é
sen dúbida a solución AVG Anti-Virus de Grisoft, que conta cunha versión
persoal de balde e que ata
o 17 de xaneiro permite facer o mesmo coa edición profesional (valorada en
29,95 dólares) desta ferramenta que permite protexer ó noso equipo informático
das ameazas vÃricas que pululan pola Rede.
O AVG Anti-Virus 7.5
Professional ten as mesmas prestacións que a versión de balde, agás polo feito
de non limitar o número de actualizacións da base de datos de virus nin o número
de exploracións diarias do noso sistema.
Esta promoción parece que está a ter moito éxito, polo que resulta case
imposible descargar a aplicación dende a web oficial, polo que varios usuarios
dispuxeron de descargas
alternativas en servizos coma RapidShare
e MegaUpload.
