O Asus Eee PC 901 contará con procesador Intel Atom

xoves, 15 de maio do 2008 Marcus Fernández

A familia dos Eee PC de Asus continúa a medrar, e trala chegada do Eee PC 900 con pantalla de 8,9 polgadas, chega agora o Eee PC 901, que podería chegar ao mercado en xuño destacando por contar cun procesador Intel Atom, agardándose que tal cambio mellore a autonomía deste popular equipo.
Polo momento só coñecemos a aparencia externa deste equipo, polo que agardamos que os seus cambios se limitarán a un novo procesador, o cambio da posición da toma de alimentación (que pasará ao lateral dereito) e a unha fila de botóns entre o teclado e a batería.
Nas vindeiras semanas se coñecerá máis do que parece que será o Eee que máis se axusta ás necesidades do mercado, aínda que pode que o seu prezo non sexa tan popular coma o do Eee PC 701, parecéndose máis ao dun portátil ordinario.