O CDTI informou aos socios de EGANET das posibilidades de financiamento para proxectos tecnolóxicos

xoves, 28 de abril do 2011 Redacción

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), entidade do Ministerio de Innovación e Ciencia encargado das solicitudes de financiamento e apoio aos proxectos de I+D+i dende 2009, informou esta mañá aos socios de EGANET das posibilidades de financiamento de proxectos tecnolóxicos.
A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) e a empresa ConfirmSign organizaron esta xuntanza á que asistiron Luis Maeso Morena, do Departamento de Coordinación e Dinamización do CDTI, e os responsables de varias das firmas socias de EGANET. O encontro tivo lugar na nova sede de EGANET, sita na rúa do Pombal nº34, en Santiago de Compostela.
O representante do CDTI informou das funcións desta entidade, e tratou polo miúdo as liñas de financiamento nas que están a traballar. Pola súa banda, as empresas socias puideron presentar e facer visibles os seus proxectos ante unha entidade de peso como esta, así como resolver dúbidas con respecto ás posibilidades de colaboración.

PUBLICIDADE