O CDTIC acolle un seminario sobre Centros de Datos Intelixentes

martes, 20 de marzo do 2012 Redacción

A implantación de novas tecnoloxías para mellorar en competitividade e aforrar custos, é a base do seminario sobre Centros de Datos Intelixentes que este mércores 21 de marzo, se celebra no en Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela. Está organizado por CIE TECNOLOXÍAS, unha empresa con base en Arteixo e unha extensa traxectoria no mundo das telecomunicacións. Entre os asistentes confirmados están R, Inditex, Armada
Española, as tres Universidades galegas, Retegal, etcétera.
No seminario explicaranse as vantaxes de dispoñer dun centro de datos adaptado ás necesidades de cada empresa, priorizando o aforro enerxético, a lonxevidade dos equipos e a esixibilidade de control. De feito, nesta solución intelixente todas as tarefas e incidencias están monitorizadas e controladas en remoto. A este tocante o coordinador do seminario, Ángel Santín, asegura que "hoxe en día un fallo do servidor central pode significar a perda de clientes, datos, horas de traballo, etcétera. Esta solución reduce os riscos ao mínimo e permite á empresa centrar esforzos na produción e a eficiencia e non no mantemento".

Programa da xornada
10:00 Apertura
10:15 Presentación Solucións para Datacenters
11:15 Descanso
11:45 Xestión intelixente LANSense e Demo Online
12:45 Saída cara o Datacenter en produción
13:00 Visita a un proxecto de Datacenter en produción