O CESGA presenta unha iniciativa de computación na nube para combater o cancro
xoves, 22 de novembro do 2012
Do 6 ao 7 de novembro celebrábase
na cidade de Gent (Gante, Bélxica) a FIRE
Engineering Workshop,
unha conferencia onde estivo presente o CESGA (Centro
de Supercomputación de Galicia ) co gallo de amosar a súa nova
proposta e-IMRT que tivo unha moi boa acollida. O proxecto en
cuestión -desenvolvido no CESGA co apoio doutras institucións
galegas- permite executar nun supercomputador as simulacións
requiridas para axustar a dose dun tratamento de radioterapia,
tratamento que emprega raios de alta enerxÃa (raios X) para eliminar
ou reducir as células cancerosas, tendo un inconveniente como é o
de afectar tamén ás células non enfermas.
Por
esta razón, e para evitar que se danen os órganos non enfermos, hai
que empregar modelos matemáticos e simulacións que calculan de
forma personalizada o tratamento. A alternativa é realizar unha
simulación computerizada do tratamento de radioterapia e o CESGA
presentou unha opción mellorada e máis rápida desta simulación,
pois os resultados requiridos nestes casos teñen un lÃmite de
tempo. O CESGA asignou para cada simulación un grupo de computadores
virtuais nunha plataforma Cloud, sendo comprobada a efectividade do
proceso dentro dunha das 4 iniciativas que reúne o proxecto de
investigación europeo BONFIRE, destinado a comprobar as
posibilidades de novos usos das plataformas Cloud -computación na
nube-. O dito BonFIRE é un proxecto europeo de infraestruturas de
investigación e experimentación da Internet do Futuro (FIRE) que
achega unha plataforma de Cloud experimental.
Cómpre
engadir que xa dende comezos de novembro, BonFIRE dá acceso libre e
gratuÃto a empresas e investigadores que queiran probar novos
servizos ou tecnoloxÃas na nube. Asemade, a infraestrutura virtual
deseñada en BonFIRE pode aplicarse noutros proxectos do eido
industrial que requiran realizar cálculos complexos con garantÃa de
calidade no servizo de simulacións por computador nun perÃodo de
tempo axustado.
