O CITIC da UDC celebra a primeira xornada do II Congreso XoveTIC con preto dun cento de asistentes
xoves, 5 de setembro do 2019
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da
Coruña celebra hoxe a primeira xornada do II Congreso XoveTIC, que
recibiu a preto de 100 asistentes e ten o obxectivo de potenciar a interacción
e colaboración entre novos investigadores. O evento continúa mañá en PALEXCO,
integrado na conferencia internacional EUSIPCO (27ª Conferencia Europea de
Procesamento de Sinais). Durante estas dúas xornadas, arredor de 50
investigadores de universidades galegas e do norte de Portugal presentan os
seus traballos no ámbito das TIC. Ademais, tamén participan persoeiros de
relevancia internacional neste eido, como o Senior Product Manager de Amazon,
Francisco Servia, antigo estudante da UDC; e o profesor do departamento de
Electrotecnia e EnxeñarÃa de Sistemas da Universidade de Pensilvania, Alejandro
Ribeiro.
A sesión de apertura
foi a cargo do reitor da UDC, Julio Abalde, e o director do CITIC, Manuel F.
González Penedo. O director do centro destacou que un dos obxectivos do XoveTIC
é favorecer a «relación, a interacción e a busca de sinerxÃas» entre
investigadores, para poder «crear equipos multidisciplinares» con «outros
investigadores que están moi preto e traballando en proxectos similares». O
reitor da UDC destacou a importancia de «colaborar entre as tres universidades
galegas para ser máis dinámicos, innovadores e competitivos» e «mellorar os
resultados e posibilidades de transferencia de coñecemento».
Na xornada de mañá, a mesa de
clausura será a cargo do adxunto a investigación do Vicerreitorado de PolÃtica
CientÃfica, Investigación e Transferencia da UDC, Horacio Naveira Fachal; o
decano da Facultade de Informática da UDC, Luis Hervella; e o director do
CITIC, Manuel F. González Penedo. Neste acto entregaranse cinco premios de 300
euros cada un, destinados a recoñeceren a calidade, a excelencia e a
orixinalidade das comunicacións orais mellor valoradas polas entidades
patrocinadoras dos galardóns: o Clúster TIC Galicia, o Colexio Profesional de
EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), a Cátedra Handytronic-Grupo
Telecon e a Cátedra UDC-everis en Transformación Dixital, o Instituto
Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Indra.
Cabe destacar que o XoveTIC é un
congreso xenuÃno, xa que se diferencia da maiorÃa dos congresos que se celebran
en España no ámbito das TIC, que reúnen a investigadores senior con anos de
experiencia. AsÃ, o XoveTIC pode ser o berce de novas investigacións e
proxectos que impliquen cambios disruptivos na sociedade e na tecnoloxÃa tal
como a coñecemos.