O COETTGA organiza a V edición do ForoTelecos Galicia
martes, 19 de novembro do 2024
O vindeiro venres o Hotel Mercure de Lugo acollerá a quinta edición do ForoTelecos Galicia, unha cita organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Telecomunicacións de Galicia, que servirá como punto de debate e reflexión a través dunha xornada formativa técnica, asà como tamén acolle o acto de entrega dos Premios Enxeño 2024 co que se celebran os logros e a innovación no sector das telecomunicacións.
A xornada formativa técnica que serve de inicio deste encontro de profesionais das telecomunicacións da nosa comunidade consiste nunha mesa redonda sobre As redes de telecomunicación en estados de emerxencia, que estará moderada por Santi Moroño (membro da xunta directiva do COETTGA), e na que participarán LuÃs Pérez Roca (Gradiant), Isaac Ballesteros (Centum), Pilar Chapela (Retegal) e Antonio Rodicio (MasOrange).
Esta actividade terá lugar ás 19:05, culminando ás 20:00 cun coloquio que servirá para reflexionar sobre o debatido na xornada. Está previsto que a entrega dos Premios Enxeño 2024 teña lugar ás 20:45, para completar a velada cunha cea de gala ás 21:30.
Os interesados en asistir poden adquirir a súa entrada en liña.