O CPEIG inicia un proxecto de eventos internos: tres14.pm

luns, 11 de febreiro do 2019 Redacción

A Casa de Europa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acollerá mañá a primeira sesión dunha nova iniciativa do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o proxecto de eventos internos tres14.pm, que nace coa idea de xerar un espazo de coñecemento, formación e networking entre as persoas colexiadas e unha figura relevante para a profesión.
A primeira edición de tres14.pm desenvolverase entre as 14:00 e as 17:30 horas e contará como convidado ao delegado de protección de datos da USC e profesor de Dereito Constitucional, José Julio Fernández Rodríguez, quen tamén é director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG), centro mixto formado pola USC e o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN).
Este evento está limitado inicialmente ao CPEIG e, de non cubrirse as prazas reservadas abrirase a outros colectivos. A inscrición a esta sesión pode formalizarse a través de Eventbrite, onde tamén podemos ver en detalle o programa desta actividade.

JPEG - 55.5 KB
José Julio Fernández Rodríguez nunha xornada organizada por Iberojur

PUBLICIDADE